O Debate

A actualidade política e social en debate

FacebookGoogle+TwitterPinterestShare

Entrevista con Xosé Ramón Gómez Besteiro

No Debate estivo Xosé Ramón Gómez Besteiro, secretario xeral do PSdeG. Foi entrevistado por Aurélio Lopes e o filósofo e analista político Antón Baamonde. Tamén falamos do futuro da socialdemocracia en Europa coa incorporación de Millán Fernández e Sara Torreiro.

Entrevista con Xosé Ramón Gómez Besteiro

No Debate estivo Xosé Ramón Gómez Besteiro, secretario xeral do PSdeG. Foi entrevistado por Aurélio Lopes e o filósofo e analista político Antón Baamonde. Tamén falamos do futuro da socialdemocracia en Europa coa incorporación de Millán Fernández e Sara Torreiro.

Ricos máis ricos, pobres máis pobres

Un novo Debate de Irmandade TV que cumpre 20 programas. Con Manuel Mera, da Fundación Moncho Reboiras; Fernando del Río, profesor de económicas na USC e membro de Galidem; e o analista político Manuel Barreiro. Coa reportaxe de Carol Bret e o control de chíos de Víctor Giadás

Movementos políticos ante as eleccións europeas

Falamos dos movementos políticos que se están a dar a poucas semanas das eleccións europeas. Cunha mesa formada polo director de Galicia Confidencial, Xurxo Salgado; Olalla Rodil, de Sermos Galiza; Sara Torreiro, de De Luns a Venres; e o politólogo Millán Fernández

A lei do aborto, no Debate

Rosa Oubiña, do PP; Carmen Acuña, do PSdeG; Carme Adán, do BNG; e Eva Solla; de AGE foron as catro deputadas que participaron no Debate por volta da lei do aborto. Tamén, un chisco da entrevista con Iñaki Soto. E no control de redes, Víctor Giadás.

Catalunya vaise… e Galiza?

Último debate deste 2014. Coa presenza de Néstor Rego e Luis Eyré. Con Olalla Rodil, Antón Baamonde, Millán Fernández e Sara Torreiro. Tamén con Víctor Giadás.

O Debate - Desafiuzamentos e corrupción en Compostela e Lugo

Presentado por Aurélio Lopes e con Alba Nogueira e Sara Torreiro na mesa. Falamos do drama dos desafiuzamentos con Héctor Tejón e Francisco Martínez. E de corrupción en Compostela e Lugo con Rubén Cela e Carlos Portomeñe. Con Víctor Giadás, chega o control de redes.

O Debate - Prestige, Nunca Máis e Rafa Cuíña (13)

Falamos do Prestige. Coa presenza de Xaquín Rubido e Rafa Vilar da plataforma Nunca Máis. Con Xurxo Salgado, de Galicia Confidencial e Beti Vázquez, de Sermos Galiza. Na entrevista, Rafa Cuíña, militante de Compromiso por Galicia. Con él falamos da caída de Xosé Cuíña do goberno da Xunta. Tamén do futuro da súa formación. Sara Torreiro, no comentario desta semana e Victor Giadás no 'Control de redes'.

No Debate estivo Francisco Jorquera. E tamén falamos de televisión pública

Entrevista con Francisco Jorquera. Millán Fernández deixa o seu comentario. Paula Castro e Antón Baamonde participan na nosa mesa de Debate. Falamos de televisión pública coa incorporación do Decano de CC. da Comunicación, Xosé Pereira e con Alberto Vázquez do comité interempresas da CRTVG. Para finalizar, coma sempre, Victor Giadás, no control de redes.

O Debate - Yolanda Díaz; e pensións con Xabier Davila (cap. 11)

11º Debate de Irmandade TV. Aurélio Lopes entrevista a Yolanda Díaz, vicevoceira de AGE no Parlamento Galego. Xurxo Salgado, director de Galicia Confidencial e Olalla Rodil, de Sermos Galiza participan coas súas cuestións. Falamos con Xabier P. Davila que vén de presentar "A batalla polas pensións". Na sección 'O comentário de...', Carlos Morais. E Victor Giadás no "Control de redes".